Skip to Content

SAMAÍN 2014

SAMAÍN 2014

ACABAMOS DE TRABALLAR O PROXECTO DO SAMAÍN E CELEBRAMOS A FESTA. OS FAMILIARES AXUDÁRONNOS A CARACTERIZAR AS CABAZAS E LOGO EXPUXÉMOLAS NO PATIO DA ESCOLA. ESTABAN REALMENTE PRECIOSAS E ERAN MOI VARIADAS. TAMÉN FIXEMOS UNHA NA ESCOLA COA AXUDA DO PAPÁ DE DESIRÉE. LOGO COMEMOS AS LAMBETADAS QUE NOS ENVIARON AS FAMILIAS.

REVISTA DE ARALDE 2013/2014

21/10/2014

 

 

 

VISITA Á CASA MUSEO DE VALLE INCLÁN EN VILANOVA

24/10/2014 17:44

O VINDEIRO VENRES 24 DE OUTUBRO, IREMOS Á LECTURA DOS LIBROS DE VALLE INCLÁN E LOGO VISITAREMOS A SÚA CASA MUSEO.

REVISTA ARALDE CURSO 2012/2013

06/09/2014 01:11

OS DETECTIVES VERDES CO CICLISMO!!!

O DOMINGO 1 DE XUÑO OS DETECTIVES VERDES, XUNTO COAS FAMILIA E AMIGOS RECIBIMOS A VISITA DE GUSTAVO CÉSAR VELOSO E FIXEMOS UN PERCORRIDO EN BICI DENDE Ó HOTEL ALPINA ATA A ESCOLA. 

OS DETECTIVES VERDES CO CICLISMO

01/06/2014

O VINDEIRO DOMINGO, 1 DE XUÑO IMOS DISFRUTAR DA VISITA DO CICLISTA GUSTAVO CÉSAR VELOSO.AGARDARÉMOLO ÁS 18:30 DIANTE DO HOTEL ALPINA. DESPOIS DE DARLLE A BENVIDA, EMPRENDEREMOS O CAMIÑO CARA A ESCOLA NAS BICIS OU ANDANDO.É IMPRESCINDIBLE O USO DO CASCO NAS PERSOAS QUE LEVEN BICI. CONTAREMOS COA COLABORACIÓN DE PROTECCIÓN CIVIL OU DA POLICIA LOCAL. XA NO PATIO DA ESCOLA, GUSTAVO DARANOS UNHA CHARLA SOBRE O CICLISMO E A VIDA SAÚDABLE. LOGO MERENDAREMOS(FROITA, BOCATA, AUGA) QUE CADA QUEN TRAERÁ DA SÚA CASA. 

OS DETECTIVES VERDES IMOS DE EXCURSIÓN!!!!

OS DETECTIVES VERDES VISITAMOS EN MARÍN O PARQUE DOS SENTIDOS

 

EXCURSIÓN ÁS ILLAS CÍES

13/05/2014 18:25
16/05/2014 18:25

O VINDEIRO 15 DE XUÑO IMOS ÁS ILLAS CÍES.PRECÍSASE QUE CADA FAMILIA SE ENCARGUE DE RECOLLER OS DATOS (NOME, APELIDOS E DNI) DAS PERSOAS QUE VAIAN. INCLUSIVE OS DNI DOS NENOS E NENAS QUE O TEÑAN.  

EXCURSIÓN A VOZ NATURA

13/05/2014 18:21
06/06/2014 18:21

O VINDEIRO 7 DE XUÑO CELÉBRASE A FESTA DO MEDIO AMBIENTE EN CULLEREDO ( A CORUÑA).AQUELAS PERSOAS QUE DESEXEN IR, DEBEN ANOTARSE NA ESCOLA.

VIXIANZA DA PRAIA DO BAO

O XOVES 8 OS DETECTIVES VERDES DE ARALDE FOMOS VIXIAR E RECOLLER LIXO DA PRAIA DO BAO. POR SORTE CADA VEZ HAI MAIS DETECTIVES VERDES QUE VERMELLOS E A PRAIA ESTABA BASTANTE LIMPA, INDA ASÍ RECOLLIMOS BASTANTE LIXO...

Distribuir contido


by Dr. Radut