CRA de Valdoviño

Galería de imaxes


foto_grupo_2_800x585.jpg
001- Os nenos e nenas da escola de Lago 2011-12Este curso somos 10 nenas e nenos de 3 a 6 anos porque este curso temos 1º de Primaria.
castañas_setb_531x600.jpg
002- Recollendo castañas de cedoNo mes de setembro recollimos moitas castañas no parque da escola. Elas nos sirven para facer moitas actividades antes de comelas!
lagoa_15-9-11_688x600.jpg
003-Paseo pola lagoa de Valdoviño-LagoO día 15 pola tarde, xoves, fomos coas familias a dar un paseo pola lagoa que está na nosa parroquia. Fíxámonos nas árbores do bosque de ribeira, vimos aves acuáticas e merendamos no parque. Foi a primeira saída deste curso!
volta_ciclista_16-9-11_567x600.jpg
004- A volta ciclistaO día 16 fomos ver pasar a volta ciclista aproveitando que pasaba perto da escola.
vendima_1_793x600.jpg
005- Vendima en Castido-LagoO día 20 de setembro fomos vendimar á horta de Chelo, a avoa de Mateo. Nesa parra os nenos e nenas vendiman moi ben, porque é baixiña...
vendima_0_20-9-11_591x600.jpg
006- O mosto coas mansDespois de vendimar fabricamos mosto presionando as uvas coas mans e logo con outros utensilios caseiros. O mosto estaba moi rico!
mosto_21-9-11_800x541.jpg
007- O mosto do 21-9-11Ó día seguinte, na escola probamos a facer zume como se fai no lagar, pisando as uvas cos pés e logo usando a licuadora.
horta-freire_22-9-11_631x600.jpg
008- Na horta do bar de FreireO día 22 de setembro fomos coller figos, mazás, limóns... Todos os anos nos deixan. Teñen árbores moi azosos para que os picariños alcancen as froitas. Graciñas!!
Teixido_22-9-11_800x340.jpg
009- En Santo André de Teixido o 22-9-11O xoves, día 22 de setembro, pola tarde, fomos a Santo André de Teixido.
radio_26-9-11_800x265.jpg
010- Na radio Filispim, no 7º programaO luns día 26 de setembro, pola tarde, fixemos o noso primeiro programa, deste curso, "Dalle que dalle nas ondas"
Esperon_29-9-11_800x398.jpg
011- Visitas pola zona do monte EsperónO xoves día 29 de setembro, pola tarde, fomos ver a fonte da Moura, detrás do Esperón, estivemos no Marco dos 3 Termos, que separa a 3 concellos. Subimos ó monte Esperón e logo fomos ó lugar onde se celebra a feira do Trece, vimos a palloza e todo o que hai onde se celebra o Oenach de Sedes e merendamos e xogamos.
s__vermu_1-10-11_800x600.jpg
012- sesión vermú na Radio FilispimO día 1 de outubro fíxose a sesión vermú para darse a coñecer e xuntar fondos porque é unha radio libre. Un grupo da escola presentou o noso programa...
37 ficheiros en 4 páxina(s) 1