Skip to Content

BENVIDOS AO

 

CRA DE SANTA COMBA

 

 

Rúa Galicia, 26 1º Dereita 15840 - Santa Comba (A Coruña)

Teléfono:981881327












A cesta viaxeira dos planetas pretende ser unha introducción ó coñecemento do sistema solar, posto que a maioría do noso alumnado ten 3 anos. Para iso, empregamos a fruta para construir un sistema solar utilizando diferentes variedades e tamaños. Éstas son as equivalencias que empregamos:

O sol- Sandía

Mercurio- Uva pequeña

Venus- Tomate cherry

Marte- Uva grande

Terra- Tomate

Lúa- Uva pequeña

Júpiter- Melón

Saturno- Pomelo

Urano- Mazá

Neptuno- Lima




O 15 de marzo os nenos/as do CRA visitaron o acuario da Coruña.

A primeira visita foi Á  sala Isabel Castelo, onde hai exposicións de fotografía da natureza e ambiente. Seu contido  renóvase varias veces ao ano. Na actualidade mostra a exposición "Fotógrafos de la Naturaleza 2018".

A seguinte sala foi a Maremagnum, que é o nucleo educativo do aquarium. Ademais de acuarios de gran volumen, contén a OceanoSfera e decenas de elementos museísticos que proponen experiencias interactivas.

Despois visitamos a sala Humboldt que presenta actualmente "Sexo azul", unha exposición interactiva que trata sobre a reproducción sexual dos seres vivos que viven na auga. Está formada por 20 módulos que conteñen seres vivos, pezas de museo, modelos, pantallas táctiles, xogos, aparatos interactivos e ilustracións.

A última sala foi a Nautilus, un decorado que recrea o gabinete do capitán Nemo, con miles de peixes de 50 especies diferentes que nadan ó teu redor: águias mariñas, meros, lubinas e un tabeirón touro de case 4 metros de lonxitude, que viven neste tanque de máis de catro millóns de litros de auga.

Rematamos a visita desfrutando coa experiencia de ver alimentar as focas no piscinarium ao aire libre.







by Dr. Radut