"É meu amigo"
O mércores 11 de outubro ás 18:00h estrearase "É meu amigo" un espectáculo inclusivo de A trastenda dos Contos que conta por igual en lingua de signos e lingua oral. Nesta obra, participa a nosa compañeira Gema, intérprete de lingua de signos do noso centro.
A entrada é libre ata completar aforo. Podedes recoller a invitación na conserxaría do pazo en horario de 18:00 a 19:00.