Comezamos con "LEE" do programa de educación responsable. O obxectivo é promover o desenvolvemento social, emocional e a creatividade a través dos contos. Despois da asemblea diaria os nenos/as contaron como se sentiron co conto que levaron para casa a fin de semana. Identificaron a emoción e explicaron ao resto de amigos/as por que ese sentimento. Despois colgamos no emocionómetro a ficha.
Moitas grazas familias pola vosa colaboración.