CRA de Culleredo

proxecto

A princesa Crabela

Recibimos na escola unha visita inesperada. Veu a princesa Crabela do reino de Crunia. Contounos que estaba moi triste porque un malvado dragón ten secuestrado ao seu amado príncipe Arturo. E para poder rescatalo precisa da nosa axuda xa que debe de pasar unha serie de probas. A primeira delas é averiguar como é o escudo do príncipe Arturo. Por iso temos que poñernos a investigar.

 

EXPOSICIÓN DE TRABALLOS

AO  LONGO  DO  CURSO  FIXEMOS  EXPOSICIÓN  DOS  NOSOS  TRABALLOS  E  OUTRAS  ACTIVIDADES  RELACIONADAS  CO  PROXECTO  ANUAL.  TAMÉN  TIVEMOS  A  VISITA  DO  PAI  DE  PABLO  ENSINANDONOS COMO TRABALLAN OS PERCEBEIROS E  OS  DISTINTOS  APARELLOS  QUE  SE  UTILIZAN  PARA  PESCAR.

 

 

 

 

MATERIAIS SOBRE O PROXECTO

Durante o curso  trouxemos  a  aula  distintos materiais sobre o mar:  libros, videos, debuxos, noticias, xoguetes,... Tod@s  amosamos  moito interese.

 

 

 

O Noso Concello: Culleredo

Este é un pequeno resumo dos traballos feitos o ano pasado, no que estudiamos o noso concello, Culleredo.

TRABALLAMOS CON MARISCO

Hoxe na clase vimos. ulimos e tocamos diferentes mariscos: berberechos, mexillóns,ameixas... e logo fixemos un traballo.

VISITAMOS A LONXA DO PORTO DE A CORUÑA

O luns 17 de marzo visitamos a lonxa, que é o lugar onde chegan os peixes e as pescadoras mércannos para que despois as nosas mamás os merquen.

Ramón ensinounos un montón de peixes: cigalas, ourizos, xurelos, rape, congrios... e tamén amosounos onde os venden, os lavan e os preparan con xeo para que non se estropeen. Pasámolo moi ben con Ramón. Moitas grazas!!!.

TRABALLOS DO NOSO PROXECTO

Este curso no noso cole estamos traballando un proxecto sobre o MAR. Por iso, Pili pediunos que investigaramos sobre os peixes mariños. Logo temos que contarlle aos nos@s compis o que aprendimos.

Aquí podedes ver os traballos de MARIÑA, RODRIGO, ALMUDENA, AINHOA e ANDREA. Contaron moitas cousaaaaas.

VISITA DUN PESCADOR

O papá de Pablo é pescador e veu a visitarnos á escola e amosounos un montón de aparellos. Foi moi divertido!!!

 

Distribuir contido