Skip to Content

ABERTO PRAZO BECA NEAE CURSO 2024-2025

PRAZO: Dende o 30 de abril ao 13 de setembro

 DESTINATARIOS:

  1. Alumnado con Necesidades Especiais asociadas a
  • Discapacidade
  • TDAH
  • Trastornos graves da conducta
  • Trastornos graves da comunicación e da linguaxe
  • TEA

       2. Alumnado NEAE asociado a Altas Capacidades

 

Mantense o subsidio de 400€ para gastos adicionais de carácter xeral. 

ADMISIÓN CURSO 2024-2025

TODAS AS SOLICITUDES DE ADMISIÓN FORON ACEPTADAS. 

 

RECORDAMOS QUE AÍNDA QUEDAN PRAZAS DISPOÑIBLES NAS 4 ESCOLAS DO CRA!

 

AÍNDA ESTÁS A TEMPO, ANÍMATE A VIR E COÑECER DE CERCA A EDUCACIÓN RURAL.

 

RESERVA PRAZA CURSO 2024-2025

DO 1 AO 20 DE MARZO ESTÁ ABERTO O PERÍODO DE RESERVA DE PRAZA PARA O NOVO ALUMNADO.

 

ACHEGÁDEVOS A VER AS NOSAS ESCOLAS, APOSTADE POLO RURAL!

 

SIGAMOS MANTENDO VIVO O CRA

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023-2024

FINALIZADO O PRAZO ORDINARIO DE ADMISIÓN E REVISADAS AS SOLICITUDES PRESENTADAS,

 

INFORMAMOS QUE,

 

TODAS AS SOLICITUDES OBTIVERON ASIGNACIÓN DE PRAZA NO CURSO E ESCOLA CORRESPONDENTE DO CRA DE CALDAS DE REIS. 

ABERTO PRAZO DE ADMISIÓN

DENDE O DÍA 1 ATA O DÍA 20 DE MARZO ESTÁ ABERTO O PRAZO DE ADMISIÓN

PARA O ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN.

 

Achégate a calquera das nosas escolas para coller os formularios ou inscríbite de forma telemática a través desta páxina

  

DÍA DA PAZ

VISITADE O NOSO INSTAGRAM PARA VER COMO CONMEMORAMOS O DÍA DA PAZ. 

 

Pulsa aquí

VISITA A SANTIAGO DE COMPOSTELA

O pasado mércores 25 de xaneiro fumos en autobús a Santiago de Compostela a visitar unha exposición de MIIC IMAXINARIA no teatro de ABANCA.

Realizamos unha visita e despois un taller steam. Pasámolo moi ben e ademais, dounos tempo a merendar na fermosa Praza do Obradoiro. 

 

Se pinchades neste enlace poderedes ver algunhas fotos da saída. 

 

FESTIVAL NADAL

ESTE CURSO ESTAMOS A FACER UNHA XUNTAZA EN CADA ESCOLA CON TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA. 

O FESTIVAL DE NADAL TOCOU FESTEXALO NA ESCOLA DE GODOS. 

FOI UN DÍA XENIAL, CHEO DE SORPRESAS! E CUNHA MERENDOLA QUE PREPARARON AS FAMILIAS SUPER RICA!

 

MOITAS GRACIAS POR TODO. 

 

AQUÍ VEREDES UN RESUMO DA XORNADA. 

RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR

Prezadas familias,

De acordo coa normativa vixente dos órganos colexiados de goberno dos centros docentes públicos non universitarios, procede levar a cabo no curso actual a renovación parcial de membros do Consello Escolar deste colexio.

Segundo o cumprimento da Resolución do 19 de setembro de 2022, no vindeiro mes de novembro realizarase o proceso electivo para membros do Consello Escolar.

Para organizar e supervisar dito proceso deberá ser nomeada unha xunta electoral, da que formará parte a directora, un mestre ou mestra e un pai ou nai ou titor legal e un representante do PAS.

Para iso, o venres 28 de outubro, ás 13:30  horas, terá lugar na Sede do CRA o sorteo público do que resultarán os membros: sector de pais/nais e mestres/as que constituirán a citada Xunta Electoral.

Posteriormente recibirán vostedes información sobre as distintas accións que se levarán a cabo para o desenvolvemento desta renovación parcial do Consello Escolar.

Neste curso renovaranse dous mestras/es e unha nai/pai.

O Consello Escolar é o órgano colexiado a través do cal participan na xestión do centro os distintos membros da comunidade educativa.

É pois moi importante a implicación e participación de todos/as.

Cordiais saúdos.

ESTAMOS EN INSTAGRAM

O CRA PLURINFANTIL DE CALDAS DE REIS CHEGA CON MOITAS GANAS AS REDES SOCIAIS...

CREAMOS UN INSTAGRAM!!

Distribuir contido


by Dr. Radut