O venres 9 de novembro celebramos o magosto na escola de San Cristovo. Primeiro tivemos un obradoiro de percusión con materiais de refugallo, despois fixemos unhas cestas para levar as castañas, xogamos cos peóns e xantamos bolos preñados. Pasámolo moi ben.