Estas son as actividades que fixemos co gallo do DÍA DO LIBRO.
A xoaniña Rosalía agasallará a tódolos nenos e nenas do Cra cun libro.
Ademais dentro no soso proxecto do cine e en coordinación co EDLG realizamos diversas actividades como:
PASEOS LITERARIOS DA FAMA: compostos por unha selección de contos que colocamos nos exteriores das escolas para que tanto o alumnado dentro do horario como as familias fóra do horario lectivo poidan descargar o código QR e acceder o contido visual dos contos. Esta resultou ser unha actividade motivante e atractiva tanto para o alumnado como para as familias- Deixamos un resumo en fotos.
paseos literarios da fama escolas [1] de Vanesa Carballo Leal
COÑECEMOS A MARY POPPINS: traballamos sobre un musical de Mary Poppins e fixemos unhas maletas con material de refugallo decoradas cunha frase que traducimos ao galego e nas que levaron o libro de agasallo.
Diseño [2] de Vanesa Carballo Leal
Na escola de San Paio fixemos un MUSICAL sobre o vídeo de Mary Poppins que grabamos na biblioteca. Foi super divertido!
Tivemos apadriñamentos lectores e tamen lecturas coas familias baixo lema AS FAMILIAS CONTAN.
As familias contan [3] de Vanesa Carballo Leal
Adxunto | Tamaño |
---|---|
contos paseos literarios da fama.pdf [4] | 5.01 MB |
Links:
[1] https://www.canva.com/design/DAFCoqkyT7s/watch?utm_content=DAFCoqkyT7s&utm_campaign=designshare&utm_medium=embeds&utm_source=link
[2] https://www.canva.com/design/DAFCo8jeUlg/view?utm_content=DAFCo8jeUlg&utm_campaign=designshare&utm_medium=embeds&utm_source=link
[3] https://www.canva.com/design/DAFCp_ktqck/watch?utm_content=DAFCp_ktqck&utm_campaign=designshare&utm_medium=embeds&utm_source=link
[4] https://www.edu.xunta.gal/centros/craamencer/system/files/contos%20paseos%20literarios%20da%20fama.pdf