Skip to Content

PERÍODO DE ADMISIÓN PARA O VINDEIRO CURSO 22-23

PERIODO DE ADMISIÓN CURSO 2022-2023

O vindeiro 1 marzo comeza o prazo de presentación de solicitudes de admisión, e  extenderase ata ó 22 de Marzo, ambos días incluídos, aínda que o 1 e 2 de marzo non estaremos no centro debido á festividade de Entroido. As solicitudes poden presentarse por sede electrónica en https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ou presencialmente na sede do cole, en Rosalía de Castro 108, sempre con CITA PREVIA.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA:

·Impreso ED550B cuberto. Pódese descargar na páxina web https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ou ben recollelo na sede do CRA A LAGOA, na Rúa Rosalía de Castro, 108 en Salvaterra de Miño no horario de secretaría especificado (a partir do 1 de marzo)

·DNI ou Libro de Familia do alumno/a.

·2 fotos tamaño carnet.

*Tamén podedes presentar a solicitude por Sede electrónica en https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

Horario de secretaría na sede do CRA A LAGOA:

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

11.30-12.30

10.30-14.00

16.00-17.00

11.30-14.00

10.30-13.00

11.00-13.00

Ante calquera dúbida contacta con nós no teléfono 986659363 ou no correo cra.alagoa@edu.xunta.gal



page | by Dr. Radut