Skip to Content

Localización

ONDE ESTAMOS

 Salvaterra de Miño é un concello da Provincia de Pontevedra, Galicia, que pertence á Comarcado Condado. Fai fronteira con Portugal ó que se chega cruzando a ponte construída sobre o río Miño. 

Ten unha extensión de 70 kmespallados en 17 parroquias,e limita cos concellos de Ponteareas, As Neves e Salceda de Caselas. 

Dende o punto de vista socioeconómico, a súa densidade de poboación atópase ao redor dos case dez mil habitantes, e está considerado dentro do contexto de Rexión Urbano de Vigo, que é a poboación que proporciona maior número de  ofertas laborais non agrarias ós seus veciños.

Caracterizado por un clima húmido con gradación mediterránea, este concello ten unha clara tradición hortícola e vinícola.


 Os espléndidos viñedos de albariño e viño do condado mímanse para conseguir algúns dos caldos de mais prestixio en Galicia. Acadando cada ano máis importancia a “Festa do viño do Condado”.

 

Unha das construcións que mellor definen esta vila , situada na fronteira con Portugal, é o castelo medieval situado ao pé do Río Miño, tamén coñecido como Castelo de Dona Urraca.Construido sobre unha atalaia e no mesmo centro do pobo, as súas orixes remontanse aos séculos X e XI. Ocupa unha superficie de 9.700 metros cadrados conformados polo recinto amurallado coas súas garitas, a Casa do Conde, o Pazo de Dona Urraca e a Capela da Virxe da Oliva. Do século XII consérvanse as chamadas Covas de Dona Urraca, coa súa escaleira de caracol. 

 

O castelo de Salvaterra e o seu entorno histórico foi declarado en 1949 ben de Interese Cultura

Fai click para visualizar o mapa

Distribuir contido


by Dr. Radut