Skip to Content

   

LOCALIZAR

Trazo enmárcase con Tordoia, Cerceda, Oroso, Frades e Mesía na comarca administrativa de Ordes, pero o seu carácter limítrofe con Santiago de Compostela e o peso da atracción socioeconómica da capital convérteo nunha área da comarca funcional de Santiago.

Trazo é un municipio da provincia da Coruña que forma parte do bloque amesetado situado na vertente da marxe dereita do curso medio do río Tambre, pola que se extende boa parte da Comarca de Ordes.

O relevo comparte as liñas de dita comarca e caracterízase por unha topografía case uniforme, con formas suavemente onduladas que descenden en altitude dende o extremo noroccidental, onde se acadan os 507 metros en Berdieiras (parroquia de Restande) cara o curso do rio Tambre que discorre polo sur e establece o límite administrativo con Santiago de Compostela.

As precipitacións medias anuais son moi abundantes e as temperaturas son suaves, cunha media de 12ºC; non hai importantes oscilacións térmicas, xa que os veráns son temperados e os invernos non moi fríos.

Trazo é un concello eminentemente rural: a súa economía substéntase no sector primario. As actividades económicas son motivo da grande importancia das labores agropecuarias, moi modernizadas, e orientadas a gandeiría cunha destacada representación de explotacións, que sufriron un gran proceso de modernización, para adaptarse ás novas demandas que o gando vacún require, tanto para a súa explotación leiteira como cárnica.

Limita polo norte co Concello de Tordoia, polo leste cos de Tordoia e Oroso, polo sur co de Santiago de Compostela e polo Oeste co Concello de Val do Dubra.

 

 

 



page | by Dr. Radut