A vida é corta e fumar a acurta

A vida é corta e fumar a acurta, foi o título da interesante conferencia que,  celebramos o día 21 de marzo, destinada á prevención desta práctica tan nociva como adictiva.

O fume do tabaco contén moitos produtos químicos que son nocivos tanto para fumadores como para non fumadores.

Respirar só un pouco de fume de tabaco pode ser prexudicial.

Dos máis de 7.000 produtos químicos presentes no fume do tabaco, sábese que polo menos 250 son nocivos.

Das 250 substancias nocivas coñecidas no fume do tabaco, polo menos 69 poden causar cancro.

O número de mortes imputables en España por mor do tabaco elévase a unhas 63.000 cada ano.



 

 

Powered by Drupal - Design by artinet