Skip to Content

Enquisa bianual da Estratexia Galega de Convivencia - Ampliado o prazo ata o 31 de maio.

No marco da Estratexia Galega de Convivencia Escolar realizáronse enquisas de diagnose que permitiron identificar os puntos fortes e febles na xestión da convivencia e na resolución de conflitos nos centros educativos. Transcorrida esta etapa, publícase a nova estratexia de convivencia, a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025, que contempla o seguimento e avaliación da convivencia escolar en Galicia mediante a realización dunha enquisa bianual nos centros educativos e a elaboración do posterior informe de diagnose.

A recollida de datos farase mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo.

Para garantir este aspecto despregaranse diversas solucións tecnolóxicas e de procedemento entre as que destaca o acceso á propia ferramenta de recollida de datos. 

A opinión da nosa comunidade educativa (familias, alumnado, persoal docente e persoal non docente) é moi importante e valiosa para mellorar a convivencia escolar polo que lle solicitamos que preste atención e responda con responsabilidade.  

A data límite para responder a estes cuestionarios é o 31 de maio.



page | by Dr. Radut