Skip to Content

CPI Plurilingüe da Picota.- Mazaricos

CPI PLURILINGÜE DA PICOTA

COMEDOR Curso 2020_2021

Impreso para solicitar o uso do comedor Curso 2020_2021

Impreso para solicitar ser colaborador/a Curso 2020_2021

 

AXUDAS PARA LIBROS / MATERIAL ESCOLAR

CURSO 2020/2021

PRAZO: de 19 de maio ao 19 de xuño (ambos inclusive)

  • Pregamos que todas aquelas persoas que teñan que acudir ao centro a tramitar a solicitude cumpran coas recomendacións sanitarias e de distanciamento social.
  • Non se establece sistemas de cita previa  polo momento. De producirse algunha circunstancia que obrigue a cambiar esta decisión, publicarase nesta mesma web.
  • Aconsellamos que todas aquelas persoas que dispoñan de medios descarguen os impresos de solicitude, deste xeito evitaríamos que cada persoa acuda ao centro dúas veces: unha para recoller os papeis e outra para traelos. Todos aqueles que non podan imprimilos poden recollelos no centro.
  • Para o cálculo da renda per cápita:

                Suma das casiñas 435 e 460 da renda de 2018.

  • Nos seguintes enlaces poderá vostede informarse da normativa e poderá descargar os impresos de solicitude:
  • Documentos que debe presentar xunto coa solicitude:
  1. Copia do libro de familia ou equivalente onde figuran todos os membros computables.
  2. Copia da sentencia de separación / divorcio, de ser o caso.

 

Horario de SECRETARÍA de 10 a 13 horas

 

 

 ADAPTACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS

Curso 2019_2020

Educación Primaria

Educación Secundaria.- Departamentos

 

 PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN

Restablécese o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o 11 de maio de 2020 e rematará o 18 do mesmo mes. 

 

Circular Axudas Comedores Escolares

30 marzo 2020

IMPORTANTE.- Para tramitar as axudas de comedor é imprescindible que, ademais do IBAN e o nº de conta, poñan o nome da Entidade Bancaria.

 

INFORMACIÓN.- 27 DE Marzo de 2020

Estimadas familias:

Recibimos instruccións dende a Consellería de Educación na que se nos indica que, a efectos de dar continuidade ao calendario escolar, debemos proceder ao peche da avaliación do 2º trimestre . Polo que as notas desta  avaliación serán enviadas ás familias a través dos medios (correo electrónico, correo postal ou plataforma Abalar), segundo as circunstancias de cada familia. Xunto coas notas poderían recibir a información que cada titor estime oportuno.

Cómpre aclarar que as notas corresponden á actividade lectiva desenvolvida ata o día de peche das clases e en ningún caso ás solicitadas durante o período de confinamento.

Agardamos que este tempo sexa o mais breve posible e así poder volver á actividade normal.

Estamos ao seu dispor no teléfono do centro e a través do correo electrónico.

Ánimo e saúde para todos.

 

O equipo docente do CPI Plurilingüe da Picota 

 
 URXENTE

Á atención de toda a Comunidade Educativa do C.P.I. Plurilingüe da Picota.

Seguindo instruccións da Consellería de Educación, QUEDAN SUSPENDIDAS AS CLASES desde o vindeiro luns, día 16 de marzo de 2020, DURANTE UN PERÍODO DE 14 DÍAS.

O motivo é de todos sabido:

A EMERXENCIA SANITARIA PROVOCADA POLO CORONAVIRUS.

Mañán, venres, 13 de marzo, o Centro permanecerá aberto en horario normal e con todos os seus servizos funcionando; ben é certo que as recomendacións últimas da Xunta de Galicia son que aqueles pais/nais que poidan facelo, debería deixar aos seus fillos xa mañán no seu domicilio.

ROGAMOS que se manteñan informados a través dos medios de comunicación de calquera novidade que se produza, pois a situación cambia minuto a minuto.

Así mesmo, trataremos, na medida que nos sexa posible, mantelos informados a través da nosa páxina web ( https://www.edu.xunta.gal/centros/cpipicota/ )  de calquer incidencia que se produza e que nos comuniquen oficialmente.

Por outro lado, apelamos a responsabilidade individual para cumplir todas as medidas preventivas que recomendan as AUTORIDADES SANITARIAS. Estas medidas pódense atopar no portal educativo (https://www.edu.xunta.gal/portal/ no espazo familias.

Desexamos que ante esta situación poidan conciliar o mellor posible a vida familiar.

A DIRECCIÓN DO CENTRO.- 12 de Marzo de 2020

 

 

 

                              CPI A Picota

 

 

 

 

 

 





by Dr. Radut