Skip to Content

Galeano

Acto de presentación resultados Erasmus+

11/09/2023
Europe/Madrid

O martes 31 de outubro, no auditorio do Concello ás 12:20h celebrarase o acto de presentación dos resultados do Proxecto Erasmus+ "Programa botánico de Selección e Mellora participativa na UE" que desenvolvemos entre o 2020 e 2023:

  1. "Tres países, un cultivo: a aventura científica agrícola". Trátase dun documental de 19 minutos de duración que relata a experiencia levada a cabo no período 2020-23. Documenta os traballos de sementeira, control de cultivos, análise de datos, probas de laboratorio, etc. Feito con gravacións e música propias (utilízanse instrumentos feitos con tallos de repolo).
  2. "A ciencia detrás do campo". Trátase dun libro de divulgación científica agropecuaria no que, a partir da nosa experiencia, se recolle o proceso detallado para a realización dunha experiencia agraria, tomando como exemplo o realizado por nós, é dicir, se utiliza unha metodoloxía de “estudo de caso” para comprensión do método científico.
  3. Conclusións científicas do estudo. Durante 2023, os resultados do noso estudo foron presentados en diversos congresos á comunidade científica. Neste acto participará a investigadora Margarita Lema Márquez para achegar as conclusións ao público xeral non especializado.

A continuación, ás 13:30 horas na casa de Escudero no Concello de Meis, asinaremos un convenio de colaboración entre o CPI Mosteiro-Meis e os colexios Colaiste Iognaid de Galway e EBS Armando Cortes de Azores. Tamén asinaremos un convenio de colaboración co Concello de Meis.



event | by Dr. Radut