Galeano
Biblioteca
Un lugar para desfrutar da lectura
A biblioteca do CPI Mosteiro-Meis atópase na planta baixa do edificio principal xunto as instalacións da cociña. Estamos a desenvolver, dende fai xa 8 anos, o plan de mellora de bibliotecas escolares (PLAMBE), o cal permitiunos mellorar, tanto o espazo como os fondos. De feito, agora mesmo, a biblioteca é un lugar axeitado para a lectura e o estudo, pero ademais, tamén sirve como entorno axeitado para realizar as actividades organizadas dende o equipo de biblioteca, como encontros con autores, representacións, contacontos, teatrillos, etc. Os fondos están clasificados por idade e por temática. Dispón tamén de 3 postos de ordenadores con acceso á internet de uso libre é de libros electrónicos. Para o préstimo de libros débese de ter o código de usuario de biblioteca, que asignamos a cada alumno/a a principio de cada curso. Para promover os hábitos de estudo, a biblioteca está aberta durante os recreos e tamén en horario de comedor de mércores a venres, para aqueles que necesiten dun espazo para adiantar as súas tarefas antes de marchar para casa. A biblioteca posúe o seu propio blog e pode acceder libremente a través do seguinte enlace. |
![]() |
Actividades
Clube de lectura |
Encontros con autores |
mochila viaxeira |
Exposición de libros |
Intercambio de libros |
Lecturas compartidas |
Kamishibai |
Teatriño e títeres |
Contacontos de alumn@s |