Premede no documento adxunto para máis información.
LIBROS DE TEXTO 2023/2024
Xul 04
O horario de atención ao público do 1 ao 14 xullo será de 9:00 a 13:00. Para calquera consulta chamar ao 886 15 16 36.
PRAZO MATRÍCULA ESO
Xun 23
A partir do día 23 de xuño ábrese o prazo de matrícula de ESO ata o 7 de xullo.
O período de inscrición será desde o 26 de xuño ás 9:00 horas ata o 6 de xullo ás 13:00 horas.
Proceso que se realizará dende o propio centro, para alumnado de escolarización obrigatoria.
As persoas en idade de escolarización non obrigatoria poden solicitar a súa incorporación a un ciclo formativo de formación profesional básica se cumpren os seguintes requisitos:
Que fagan 17, 18 , 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo, con independencia de que estivesen ou non escolarizadas no curso escolar anterior. Que non estean en posesión dun título de formación profesional nin calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos.
Admisión a Grao Medio. Curso 2023/24.
Prazos:
Presentación de solicitudes 23 xuño ás 9:00 ao 5 xullo ás 13:00 horas
Listaxe provisional de solicitudes 10 xullo
Reclamación á listaxe provisional 10 xullo ás 9:00 ao 12 xullo ás 13:00 horas
Listaxe definitiva de solicitudes 19 xullo 1ª adxudicación 19 xullo
Matriculación 1ª adxudicación 19 xullo ás 9:00 ao 24 xullo ás 13:00 horas
2ª adxudicación 27 xullo
Matriculación 2ª adxudicación 27 xullo ás 9:00 ao 31 xullo ás 13:00 horas
3ª adxudicación 1 setembro
Matriculación 3ª adxudicación 1 setembro ás 9:00 ao 6 setembro ás 13:00 horas
Adxudicación continuada (chamamento) 11 setembro ás 9:00 horas ao 29 setembro ás 13:00 horas
Presentación de Solicitude:
Beneficiarias: Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:
a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO).
b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.
LISTAXE DEFINITIVA CURSO 23/24
Maio 16
Xa temos a listaxe definitiva do alumnado de nova incorporación do curso 23/24 admitido e non admitido. Para máis información chamar ao 886 15 16 36.
O Ministerio de Educación e Formación Profesional mantén aberto o prazo de solicitude de Becas para o Alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo para o vindeiro Curso 2023/24.
Prazo de Presentación de Solicitudes: 8 de maio ao 20 de setembro de 2023, ambos inclusive.
Solicitude Trámite: a través da Sede Electrónica Ministerio de Educación e Formación Profesional.
Solicitantes:
1. No caso do noso centro: Alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria e ESO.
2. Que presenten: Discapacidade; Trastorno Grave de Conduta ou da Comunicación ou Linguaxe; Trastorno do Espectro Autista ou Altas Capacidades.
3. Poderán solicitarse para Reeducación Pedagóxica e/ou da Linguaxe; en ambos casos, ata 913 euros.
Xa temos a listaxe provisional do alumnado de nova incorporación do curso 23/24 admitido e non admitido. Para máis información chamar ao 886 15 16 36.
Premede en datos adxuntos.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »