Skip to Content

3-4 anos

Vendimia

Comezamos un curso cheo de cambios, inquedanzas, medos, protocolos… Por este motivo dende o centro pretendemos que todos estes cambios non teñan graves consecuencias nin implicacións nas prácticas educativas das nosas aulas. Neste senso, buscamos conseguir os obxectivos propostos para cada etapa educativa e por conseguinte tamén os contidos curriculares. Sen deixar a un lado a importancia de ter como fin a consecución de aprendizaxes significativas, sendo estas o elemento clave para a Etapa de Educación Infantil. A base para a consecución das mesmas é partir do contorno próximo dos nenos/as. Por iso, dende a aula de 3 e 4 anos comezamos a traballar cun estimulante centro de interese: O Outono. Este centro de interese ofértanos a posibilidade de traballar de forma globalizada contidos das tres áreas curriculares, destacando o traballo que realizamos en relación á linguaxe, á motricidade, á autonomía,  paciencia, o traballo en equipo, o coñecemento do contorno…

Por iso a continuación vos presentamos o seguinte vídeo, onde veredes resumido o proceso que levamos a cabo para traballar un actividade característica  do outono: A vendima.  

Esperamos que vos guste, un saúdo e unha aperta os nenos/as de 3 e 4 anos.



by Dr. Radut