Skip to Content

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR E FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

O prazo para presentar solicitudes rematará o día 22 de xuño de 2021

Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/2022, que saíu publicada no Diario Oficial de Galicia o día 20 de maio de 2021.

IMPORTANTE:

Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación.

Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia: Neste suposto o centro recibirá un aviso no seu correo electrónico que lle informará de que ten solicitudes presentadas por esta vía. ENLACE SEDE ELECTRÓNICA (incluense as instrucións).



page | by Dr. Radut