Skip to Content

AXUDAS ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria e educación secundaria obrigatoria.

Prazo do 20 de maio a 19 de xuño de 2020 incluído.

 

INFORMACIÓN RESUMIDA, para ver todo: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

 

Solicitudes:

1. Poderán presentar solicitudes os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado. solicitude deberá estar asinada.

2. A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2020/21; nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso. Se estivesen admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros, na cal se incluirán os admitidos nese centro para o curso 2020/21. No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación Fondolibros, será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno/a.

Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2020/21, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2019/20. Este centro rexistrará a solicitude de maneira que acredite a súa entrada en prazo e enviaraa ao centro de destino en que o alumno resulte admitido, que será o encargado da súa gravación e tramitación.

En caso de presentación (por vía electrónica e/ou presencial) de máis dunha solicitude, a persoa solicitante deberá presentar ante o centro docente un escrito onde indique cal desexa que se tramite.

3. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente, poderanse enviar as solicitudes e documentos , á dirección mail do centro: cpi.armando.cotarelo@edu.xunta.es

O formulario de solicitude (anexo I) e anexo II en este enlace; https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ e escanear ou enviar foto dos documentos complementarios.

Neste caso no momento de formalizar a matrícula para o vindeiro curso( 1 a 10 de xulio) presentarán a documentación no centro docente, achegaranse as fotocopias e os respectivos orixinais, para que a persoa que a reciba verifique a súa autenticidade.

Artigo 12. Documentación complementaria necesaria para tramitar o procedemento

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os de mais membros computables da unidade familiar.

 

AdxuntoTamaño
axudas libros.pdf31.94 KB


page | by Dr. Radut