Skip to Content

AVISO SOBRE AS NOTAS DA 2ª AVALIACIÓN.

Seguindo as ordes da Consellería esta semana pecharemos a 2ª avaliación. A orde di claramente que só serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizados polos alumnos con anterioridade a declaración do estado de alarma.

Despois de realizar a 2ª avaliación procederemos a publicar as notas no Abalar Móbil.

Por tal motivo sería convinte que as familias se descarguen a aplicación AbalarMóbil (ver abalarMóbil para as familias), esta aplicación tamén lles será útil para posteriores notificacións.

 

NOTA: Se lles da erro no proceso de autentificación é posible que sexa porque ese móbil non estea dado de alta nos datos que temos en secretaría, probar con outro ou solicitar por correo electrónico ao centro que se inclua este (pode tardar a súa inclusión).

Como última solución, se os métodos anteriores non funcionan, sempre se poderá solicitar na dirección de correo cpi.armando.cotarelo@edu.xunta.es (previa identificación) que se envíen por correo electrónico.

 A dirección.



page | by Dr. Radut