Skip to Content

Axudas comedores para os alumnos con gratuidade total ou parcial (pagan 1 euro).

Estimados pais/nais/titores:

Unha vez que se publique a Orde de axudas directas a usuarios gratuítos e semi-gratuítos de comedor escolar no Diario Oficial de Galicia (o vindeiro luns), os beneficiarios teñen ata o día 6 de abril para formalizar as peticións. (Acompañamos copia ao final desta comunicación).

As solicitudes deberán tramitalas as familias por vía electrónica no portal da Xunta de Galicia.
Porén,
 no caso de que estas non dispoñan de coñecementos ou medios para facelo poden enviar un email á dirección do centro: cpi.armando.cotarelo@edu.xunta.es (e temos que facelo así para asegurar ao máximo as precaucións sanitarias e as obrigas de confinamento), 
 cos seguintes datos:

a) DNI ou NIE da persoa representante legal do alumnado.
b) Condicións de beneficiarios de comedor nas bases de datos da Consellería (gratuito,abono 1 euro).
c) Nome e apelidos do representante legal do alumno; nome, apelidos e curso dos fillos/fillas
d) Número de conta bancaria no que se quere recibir o aboamento da axuda.

 Con todo se alguén non quere dar o seu número de conta pode solicitar a  axuda en sede electrónica.

 Unha vez máis, grazas pola vosa cooperación. 

 GUÍA AXUDAS COMEDOR

 NORMATIVA: 

ORDE do 27 de marzo 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo as familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19 con levantamento dos prazos de suspensión do procedemento.

 



page | by Dr. Radut