Skip to Content

Abalar Móbil e Edixgal

Aula Virtual

Contratos programa e ARCO

COVID-19

 

DOCUMENTACIÓN

COVID19

 

 

 

Actividades

Actividades infantil: Facemos tinta invisible

Bos días familias!!

Hoxe, deixámosvos un vídeo para facer tinta invisible na casa. Os materiais que precisades seguro que os tendes á man Guiño

Esperamos que vos guste!!

Un saúdo!!

Actividades infantil: Día das Letras Galegas

Ola familias!

Como sabedes onte, 17 de maio, celebrouse o Día das Letras Galegas. Dende educación infantil gustaríanos propoñervos unha actividade relacionada co noso idioma.

Queremos crear un libro de palabras en galego, pode ser a palabra que consideredes mais bonita, mais extraña... A que vos elixades!

Os nenos/as terán que escribila na parte superior da páxina e despois ilustrala debaixo coa técnica plástica que mais vos guste: podedes empregar témperas, rotus, papel de periódico, algodón...

Se clicades na imaxen de abaixo poderedes ver un exemplo da actividade. Tamén hai unha plantilla por se a queredes imprimir, ainda que non é necesario e a podedes facer vos manualmente.

Lembrade: a palabra escollida ten que ser en GALEGO!!

Cando teñades a actividade rematada a poderedes enviar a : infantilalfonsovii@gmail.com para que poidamos ir creando o libro.

E, aquí, un vídeo de palabras en galego por si queredes coller algunha idea Guiño

Actividades infantil: Día da familia

Ola a todos/as!!

Este venres día 15 celébrase o Día da familia. No cole, levaríamos uns días liados preparando algún detalle para que os peques puidesen levar e desfrutar na casa con todos vos.

Como este ano, a situación é complexa, vamos a propoñervos unha actividade para que poidades levar a cabo. Deixamos, a continuación, unhas plantillas para facer unha postal/carta, para que os peques poidan enviar a algún familiar ao que non teñen preto ou ao que botaron moito de menos durante todo este tempo.

Dependendo da idade, poderán facer un debuxo, escribir unha frase ou xa realizar, incluso, unha carta.

Vamos a deixar á vosa disposición un mail para que nos enviedes todos aqueles traballos que van realizando os pequenos/as! No asunto deberedes poñer o nome do neno/a e o nome da profe ao que vai dirixido:

infantilalfonsovii@gmail.com

Ao clicar na imaxe, accederedes ás plantillas.

Ademais, vamos a deixarvos o vídeo dun conto moi bonito que fala sobre os diferentes tipos de familias.

Esperamos que o desfrutedes!!

 

Actividades infantil: Taller de cociña

Bos días a todos/as!!

Hoxe traemos un rico taller de cociña para que disfruten os mais pequenos/as!! Esta vez, é a profe Mari Carmen a que se anima a explicarnos paso a paso a rica receta que vamos a crear. Animádevos, que é moi sinxela Guiño

Esperamos que vos guste!

Actividades infantil: Facemos papiroflexia

Ola familias!!

Hoxe traemos un vídeo moi chulo onde os peques poden aprender a facer unha actividade de papiroflexia. Ademais, temos unha profe de luxo que será a encargada de irnos contando paso a paso o que temos que facer!

Esperamos que vos guste!

Un saúdo!!

 

Actividades infantil: novos recursos para traballo

Ola familias!

A continuación, deixámosvos unhas fichas por si estades interesados en realizar cos pequens. Recordar, que estas actividades non son de carácter obrigatorio.

Tedes que clicar na idade que vos interese.

Un saúdo!

Actividades infantil: Facemos quitapesares

Ola familias! Esta semana traémosvos un conto moi chulo cunha manualidade para facer despois. O conto chámase "Ramón preocupón". Esperamos que vos guste!

 

 

E, para cando rematedes de ver o conto... A profe Begoña ensínavos a facer os vosos propios quitapesares!! Ademais, ten unha axudante moi especial que seguro que coñecedes!

 

Actividades infantil: A vaca que puxo un ovo

Hoxe traémosvos a derradeira actividade da Semana do Libro, trátase do conto "La vaca que puso un huevo".

 

Actividades propostas: xa que as pitas axudaron á vaca Macarena a poñer un ovo, ahora é turno de que a vosa familia vos axude a baleirar un ovo e a pintalo como se fose o da vaca. Ademais, non podíamos rematar a semana sen a elaboración dun marcapáxinas, a continuación vos deixamos os pasos que podedes seguir para facer un coma o noso. Esperamos que vos serva de axuda!!

Actividades infantil: Día do libro

Hoxe traemos un conto dulce... "A que sabe a lúa?". Pinchade na imaxe para poder descubrilo!

Ademais, como sabemos que vos gusta moito a música, tamén vos deixamos a canción do conto...

Actividade proposta: como xa vos dixemos ao inicio, trátase dun conto moi dulce, polo que hoxe deixamosvos un "mini taller de cociña" para facer na casa e pasalo moi ben. Esperamos que o desfrutedes!!

Actividades para infantil

 

Seguimos con actividades lectoras, hoxe lemos "A Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza"

Deixamos tamén a canción do conto....

Actividades propostas: a raíz destas láminas poderedes conversar cos nenos/as sobre o desenvolvemento do conto, os animais, qué pasou primeiro... Tamén poderes imprimir as fichas e qué as coloreen. 

Esperamos que vos guste!

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut