886 159 005 |
cpi.alfonso.vii@edu.xunta.gal |
II MILLA SOLIDARIA
E xa temos aquí un dos nosos eventos estrela: A Milla solidaria!!
Será o 30 de xaneiro e as familias e exalumnado estades invitad@s á carreira!! Se queredes participar chamade ao centro para inscribirvos.
Lembrade que faremos recollida de produtos non perecedeiros, así que agradecemos as vosas aportacións.
Colaboran con nós o Concello de Caldas de Reis, Supermercados Froiz de Caldas, Froitas Emifer e Cáritas Parroquial.