Skip to Content

Tecnoloxía

Profesores do departamento. Curso 22/23

 

Alberte Xosé Méndez López. (Xefe Departamento)

 

 

 

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA.

DÓANNOS UNA IMPRESORA 3D!

Hai unhas horas nos enteramos de que á empresa fabricante de impresoras 3D Lulzbot lle gustou o traballo que facemos no colexio. Tanto, que nos nomea como un dos 20 gañadores do concurso que convocara o 19 de marzo, e nos doa unha impresora Lulzbot Mini! É unha grandísima satisfacción ver que alguén do outro lado do charco, co que non tes ningunha relación, recoñece e valora o labor de uso e difusión do Software e Hardware libre desenvolvido nestes anos.
É tamén moi gratificante ver que existen empresas dispostas a investir os seus cartos en fomentar a filosofía do coñecemento aberto máis alá das súas fronteiras.
Por todo isto... many thanks, @lulzbot_3D!!

Se queredes ver o resumo en imaxes que lles enviamos, aquí o podedes ver.

PROGRAMANDO A ESCOLA: CONCURSAMOS!

O CPI Alcalde Xosé Pichel participa no concurso para proxectos educativos innovadores da Plataforma Proyecta, a nosa proposta chámase "Programando a Escola", e con ela queremos introducir a programación e a robótica no noso colexio, comezando desde os máis pequenos e chegando até os máis grandes.

Se queres ver o video-resumo que fixemos para explicar as nosas intencións, aquí o tes:
 

 

Se queres profundizar un pouco máis, tamén podes consultar os documentos que entregamos:

 1

2

A ver se temos sorte!

Distribuir contido


by Dr. Radut