Skip to Content

Novas

Como promover un uso seguro e saudable da tecnoloxía na adolescencia

O xoves 14 de marzo, imos ter a sorte de contar en Coristanco co 
profesor Antonio Rial Boubeta, doutor en Psicoloxía Social e profesor 
da Universidade de Santiago de Compostela.

Antonio foi responsable de numerosos proxectos de investigación do 
eido da mocidade e as adiccións, dende o uso problemático de Internet, 
as redes sociais ou ciberbullying, ao consumo de alcohol e sustancias.
Esta vez ofrécenos un obradoiro no que nos falará do uso temperá das 
denominadas TRIC (Tecnoloxías das Relacións, a Información e a 
Comunicación) e como estas adoitan traer consigo problemas a nivel 
emocional e de convivencia.
A tiranía do selfie e o imperio de Instagram, o boom dos gamers, 
youtubers e influencers amósanos unha nova xeración de mozas e mozos 
sorpresivamente menos felices, con máis dificultades para 
relacionarse, para aceptarse a sí mesmas e mesmo para adquirir valores 
ou competencias básicas sobre as que construirse como persoas.

Convidámosvos pois a participar deste encontro, tan necesario e 
interesante para a toda a comunidade educativa, que terá lugar no 
EDIFICIO DE SERVIZOS MúLTIPLES DE CORISTANCO ás 16:30.
Por suposto os propios nenos, nenas e adolescentes están convidados 
tamén a vir.
Esperámosvos!

Samaín Primaria 2023

Tamén celebramos o Samaín de Infantil e Primaria, foi toda unha festa chea de terror!

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

ACTIVIDADES PARA A CELEBRACIÓN DO SAMAÍN E O MAGOSTO 2021

Na semana lectiva do 25 ao 29 de outubro o CPI Alcalde Xosé Pichel desenvolverá unha serie de actividades para celebrar a festividade do Samaín. Entre elas, están as seguintes:
  • Concurso de portas terroríficas: o alumnado do edificio de Secundaria decorará as portas das respectivas aulas con motivos asociados ao Samaín. Na primeira semana de novembro, o alumnado de Infantil e Primaria fará unha visita ao edificio dos maiores para ver o resultado da actividade e para elixir a porta gañadora.
  • Exposición de patacas e vasoiras decoradas (Primaria) e Exposición de cabazas e vasoiras decoradas (Secundaria): as creacións do alumnado de ambos os edificios expoñeranse en cadanseu vestíbulo durante a semana do Samaín e mais a seguinte (primeira de novembro).
  • Certame de relatos "Ai, que medo pasei apañando as patacas": concurso de contos para o alumnado de Primaria, nos que o tema principal estará vinculado ás patacas, que este ano serven de centro de interese para a meirande parte das actividades que se van desenvolver.
  • Narración de contos de medo: o alumnado de 4º ESO visitará as aulas de Infantil e Primaria para compartir con eles contos, lendas, historias e tradicións asociadas á festa do Samaín.
  • Magosto: o venres 29 haberá degustación de castañas e xogos tradicionais para todo o alumnado do centro.

Ímolo pasar de medo!

Equipos de Dinamización da Lingua Galega e Departamento de Actividades Complementarias e Extraescolares

1º PREMIO DE COOPERATIVISMO NO ENSINO

Hoxe recibimos o 1º Premio de Cooperativismo no ensino polo proxecto de Merendas saudables levado a cabo pola nosa compañeira Lorena Lamas de 5º de E.I.

Parabéns!!!!

CERTAME "COOPERATIVISMO NO ENSINO. 2019"

O noso centro ven de obter o premio ao mellor traballo no certame "Cooperativismo no Ensino. 2019" na modalidade de actividades artísticas, dirixida ao alumnado dos centros de educación infantil, primaria e educación especial na Categoría A. O nome do traballo é "Merendas saudables" e foi presentado pola nosa compañeira, titora de 5º Ed. Infantil, Lorena Lamas Sánchez.

Pódese ver neste enlace a RELACIÓN DE TRABALLOS PREMIADOS.

PROGRAMA SALVAVIDAS

O noso centro pon en marcha o Proxecto Salvavidas, unha iniciativa solidaria para dotar o centro dun desfibrilador, vendendo 600 pulseras referentes ao proxecto.

 

 

Máis información no seguinte enlace

LISTAXE DEFINITIVA DO FONDO DE LIBROS DE EDUCACIÓN PRIMARIA

LISTAXE DEFINITIVA ADMITIDOS CURSO 14-15

Premede para ver a LISTAXE DEFINITIVA

Distribuir contido


by Dr. Radut