Skip to Content

Información de interese

Festivos do curso 2023/2024

Informamos á comunidade educativa que os días non lectivos que o claustro do centro solicita á Xefatura Territorial para este curso serán os seguintes:

Venres 13 de outubro.

Luns 20 de maio.

Estas datas están pendentes de confirmación definitiva por parte da administración.

Libros de Texto 23/24

Aquí tedes a listaxe de libros de texto para o curso 2023/24.

Houbo unha corrección na listaxe de 2º da ESO, aparecía o título "Les Blogueurs 1" para o libro de francés e agora aparece o correcto, "Les Blogueurs 2".

Solicitudes comedor

Está publicada a instrución de comedor, na que se recolle a normativa para ser usuario/a deste servizo.

Podedes acceder e descargar a circular informativa.

O prazo de solicitude é ata o 14 de xullo.

Reformas na web

Durante este verán a nosa web estará de reformas, pode que algunhas cousas se movan de sitio, rompan ou desaparezan provisionalmente. Se non atopas o que buscas sempre podes poñerte en contacto co centro por teléfono ou mail.

INSTRUCIÓNS FONDO SOLIDARIO, AXUDAS LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR CURSO 23-24

                                                                                               INSTRUCIÓNS

                                                               ANEXO I

                                                               ANEXO II

INSTRUCIÓN 2/2023 DA DIRECCIÓN XERAL DE ORDENACIÓN E INNOVACIÓN EDUCATIVA

Informamos da publicación da Instrución 2/2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento da reclamación das cualificacións obtidas e das decións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato, para o curso 2022-2023. Podedes acceder a dita instrución premendo AQUÍ

COMEZO DO CURSO ESCOLAR 2021/2022

  DATA HORARIO
EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

XOVES, 9 DE SETEMBRO

Este día non funcionará o servizo de comedor.

9:00 -14:00
EDUCACIÓN SECUNDARIA MÉRCORES, 15 DE SETEMBRO 9:00 -14:00

 

 

 

CONFIRMACIÓN DE MATRÍCULA PARA O ALUMNADO NOVO DE ESO E SOLICITUDE DE TRANSPORTE ESCOLAR PARA O CURSO 21/22.

 

INFORMACIÓN E IMPRESOS PARA CUBRIR.

USO EXCEPCIONAL DO TRANSPORTE ESCOLAR.

(Só para o alumnado que está escolarizado no centro fóra da súa área de influencia).

Distribuir contido


by Dr. Radut