CMUS VIVEIRO
Presentación do curso 2024/2025
Día 9 de setembro
Presentación do curso. Farase vía telefónica, os/as profesores/as poñeranse en contacto cos alumnos/as para concretar os seus horarios.
Dia 11 de setembro
Comezo das clases
Conservatorio de Viveiro
Conservatorio Profesional de Música
Travesía da Mariña s/n 27850 Viveiro, A Mariña, Lugo, Galicia, España.
Matrículas para o vindeiro curso 2024/2025
O prazo de matrícula establécese do 1 ao 12 de Xullo.
Será preciso pedir cita previa na Secretaría do centro ou chamando ao teléfono 982560486, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 h.
Probas de acceso ao 1º Curso Grao Elemental (curso 2024/2025) - Prazos de Matrícula e datas das probas
1º CURSO DE GRAO ELEMENTAL:
Prazo de Matrícula: do 29 ao 31 de maio.
Data da proba: Martes, 4 de Xuño ás 16:30 horas.
Probas de acceso ao 1º Curso Grao Profesional (curso 2024/2025) - Prazos de Matrícula e datas das probas
1º CURSO DE GRAO PROFESIONAL:
Prazo de Matrícula: do 12 ao 14 de xuño.
Data da proba: Martes, 18 de Xuño ás 16:30 horas.
(En que cosiste a proba de acceso?: consultar nas probas de acceso de Linguaxe musical e a especialidade instrumental correspondente).
Probas de acceso ao resto dos cursos para o curso 2024/2025 (2º, 3º e 4º curso grao elemental e 2º, 3º, 4º, 5º e 6º curso grao profesional)
Prazo de matrícula: do 19 ao 21 de xuño.
Data da proba: Mércores, día 26 de xuño ás 16:30 h.
Cursos gratuítos no mes de maio para facilitar un primeiro achegamento á música dos nenos e nenas
O Concello de Viveiro, a través do Conservatorio Profesional de Música, oferta durante o mes de maio cursos gratuítos de diferentes especialidades para facilitar un primeiro achegamento á musica.