Skip to Content

Audios para o Concerto de Entroido 2020

 

"Érase unha vez no Oeste"

Con percusións ao principio a modo de metrónomo para indicar a velocidade do pulso. O triángulo soa dous pulsos antes do comezo da obra.

 

Impresos

Instrucións para o proceso de matrícula.                Autorización de datos e imaxe. 

 

Primavera Son 2019

O Conservatorio Municipal de Música de Gondomar presentou o pasado 20 de marzo no Auditorio Lois Tobío a programación do Festival Primavera Son 2019. Dende marzo ata xuño o Conservatorio presentará varias actividades como concertos, masterclass,conferencias, II Noite no conser, e obradoiros. Este festival está organizado pola Concellería de Cultura, dirixida por Nuria Lameiro, e cofinanciado pola Deputación de Pontevedra. Todas as actividades son gratuitas e para todos os públicos ata completar aforo.

 

MASTERCLASS:

Orquestra e Entroido 2019

Aquí vos deixamos as pezas que imos a traballar para o concerto do Entroido 2019. Podedes axudarvos delas para o voso estudo. ÁNIMO!!!!

Vídeo Promocional

Quarteto Contratempus

O Quarteto Contratempus ven ao Conservatorio Elemental de Gondomar a presentarnos o seu último espectáculo: "As sete mulheres de Jeremías Epicentro". Os alumnos do centro poderán coñecer de perto a historia e o traballo desta agrupación de cámara dedicada nos últimos tempos á creación de espectáculos de ópera cómica. En "As sete mulheres de Jeremías Epicentro" contan a historia de Jeremias, un home atrapado na súa habitación e rodeado de tecnoloxía, na que se enamora e desenamora de personaxes históricos, fictícios e reais. Cómo acabará esta historia?

Distribuir contido


by Dr. Radut