Skip to Content

Benvida

Benvidos ao Conservatorio de Música de A Guarda

O Conservatorio da Guarda foi constituído como filial do Conservatorio Municipal de Vigo no ano 1984; posteriormente, segundo orde do 25 de marzo de 1988, a Consellería de Educación crea na Guarda unha sección filial con validez académica oficial ao abeiro do Regulamento Xeral dos Conservatorios de Música, segundo Decreto 2618, do 10 de setembro e co visto e prace e informes favorables dos Organismos Educativos Provinciais e a Proposta a da Delegación Provincial da Consellería de Educación de Pontevedra.

Mantívose como filial do Conservatorio Superior de Vigo ata o curso 1996/97, ano no que pasou a ser Conservatorio de música de titularidade municipal non dependente da Consellería de Educación.

Moitos dos alumnos que comezaron os seus estudos no conservatorio remataron a carreira de música. É un orgullo para o pobo da Guarda poder contar cun conservatorio oficial no que os cidadáns poidan estudar música sin necesidade de ter que desplazarse fora da propia vila.



page | by Dr. Radut