Skip to Content

logo_Carlos_Oroza

logo_xeral

logo xunta

n/d
n/d

Convocatoria reunión grupal de asesoramento do Proceso de acreditación de competencias profesionais 2018


Convócase a todos os admitidos no proceso de acreditación de competencias convocado ao abeiro da orde do 29 de decembro de 2017 á reunión grupal de asesoramento que desenvolverase segundo os seguintes datos:
 
 
Data: Martes, 17 de abril de 2018
 
Hora de inicio: 16.00 horas
 
Hora de remate: 18.00 horas
 
Lugar: Aula de I+D do CIFP Carlos Oroza
 

Para ter dereito a participar nas fases de asesoramento e avaliación, a persoa candidata que saia admitida nas listaxes definitivas de admitidos e excluídos terá que formalizar o pagamento das taxas correspondentes previamente á realización de cada unha das fases.

A non presentación dos xustificantes de taxas en tempo e forma procedentes supoñerá a exclusión do aspirante.

 

Pagamento das taxas


 

  • Taxa da fase de asesoramento
    O candidato admitido para a realización da fase de asesoramento deberá aboar unha única taxa de 20,40 euros.
    O xustificante do pagamento deberáselle entregar ao asesor na primeira reunión de asesoramento que se realice.
 Toda a información para o pagamento das taxas está neste enlace:
 
 
 

 



page | by Dr. Radut