Skip to Content

logo_Carlos_Oroza

logo_xeral

logo xunta

n/d
n/d

Manuel María Fernández Teixeiro, un lugués comprometido

" Nunca che rindas, ti sempre podes"; " Renunciar ao idioma e ser mudo e morrer". Estas frases de Manuel María que tan ben o retratan, amosan unha imaxe do que él era, unha figura que  aos seus 20 anos xa traballaba na promoción da revista Xistral na que aparecian publicados algúns dos seus versos.

LIBRO COLECTIVO DE HOMENAXE   © CARTEL PROMOCIONAL: José Estévez López

Galiza
 
Galicia docemente
está ollando o mar:
¡ten vales e montanas
e terras para labrar!
 
Ten portos, mariñeiros,
cidades e labregos
¡cargados de traballo
cargados de trafegos!
 
Galiza é unha nai
velliña, soñadora:
¡na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora!
 
Galiza é o que vemos:
a terra, o mar, o vento…
¡Pro hai outra Galiza
que vai no sentimento!
 
Galiza somos nós:
a xente e mais a fala
¡Si buscas a Galiza
en ti tes que atopala!


page | by Dr. Radut