Skip to Content

logo_Carlos_Oroza

logo_xeral

logo xunta

n/d
n/d

Equipo de Normalización da Lingua Galega

Manuel María Fernández Teixeiro, un lugués comprometido

" Nunca che rindas, ti sempre podes"; " Renunciar ao idioma e ser mudo e morrer". Estas frases de Manuel María que tan ben o retratan, amosan unha imaxe do que él era, unha figura que  aos seus 20 anos xa traballaba na promoción da revista Xistral na que aparecian publicados algúns dos seus versos.

LIBRO COLECTIVO DE HOMENAXE   © CARTEL PROMOCIONAL: José Estévez López

Galiza
 
Galicia docemente
está ollando o mar:
¡ten vales e montanas
e terras para labrar!
 
Ten portos, mariñeiros,
cidades e labregos
¡cargados de traballo
cargados de trafegos!
 
Galiza é unha nai
velliña, soñadora:
¡na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora!
 
Galiza é o que vemos:
a terra, o mar, o vento…
¡Pro hai outra Galiza
que vai no sentimento!
 
Galiza somos nós:
a xente e mais a fala
¡Si buscas a Galiza
en ti tes que atopala!

Actividades do departamento

Consuelo  Vercher, responsable do fomento da lingua no centro, planifica e organiza exposicións e actividades que van máis alá do uso e emprego do coñecemento da lingua, traballando temas transversais e de plena actualidade, contribuíndo e aportando valor ao currículo oculto.

Éstas son algunhas das actividades realizadas:

Erasmus galegofalantes

25 N, nada que celebrar

Violencia e educación, imposible xuntas

Xogos tradicionais no magosto : actividade realizada con Jacobo Otero, departamento de convivencia

Samaín

Día das letras galegas

A Moureira. O mar, os oficios, e as mulleres

As traballadoras do barrio da Moureira xa teñen o seu propio roteiro

Chorín por non ser home

Exposición dos días escolares da non violencia

Con sabor a Nadal : O apalpador

Sexting, sextorsión...maltrato...AUTOESTÍMATE

Roberto Vidal Bolaño, o paiaso é un poeta en acción

Na pel dos nosos devanceiros, a conservación da memoria

Castelao máis vixente ca nunca

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut