Madrid, 26 de outubro de 2012: Premio nacional para o instituto As Mercedes

 

O  noso IES recibiu en Madrid o primeiro premio da competición de eficiencia enerxética, convocado por Schneider Electric e a Dirección Xeral de Formación Profesional do Ministerio de Educación, de mans de Enrique Valer, Country President da Zona Ibérica e Senior Vice President de Sudamérica de Schneider Electric, nun acto celebrado na feira Matelec.


Á recepción do premio, outorgado en abril  e que tivo unha gran presenza na rede, asistiron os alumnos  galardoados acompañados  dos profesores coordinadores Victor Paz e Alberto Pereira xunto co  director,  a xefa de estudos e a conserxe Belén Díaz Parga, que tamén colaborou no proxecto.

 

     FOTOS DO ACTO:

         
         
         
  Prema nas imaxes para amplialas          
   Nota de prensa de Schneider Electric.     Ver artigo da concesión do premio. Abril 2012.