Abril 2012. O IES As Mercedes gaña a 1ª Competición de Eficiencia Enerxética na Formación Profesional

O noso IES acaba de gañar o primeiro premio, a nivel nacional, na competición de Eficiencia Enerxética, convocada por Schneider Electric e a Dirección Xeral de Formación Profesional, do Ministerio de Educación. O Instituto  levou este galardón cun traballo sobre a eficiencia enerxética no centro. Competiu na final co Instituto Antonio José Cavanilles, de Alacante,  a Cooperativa de Enseñanza José Ramón Otero de Madrid, e o Instituto Ciudad Jardín de Badajoz.

O traballo premiado identifica aforros potenciais nas instalacións do centro,  planifica solucións técnicas e cuantifica  custos e beneficios, tanto para o IES como para o medio ambiente. Foi realizado polo alumnado do segundo curso do Ciclo  Superior de Eficiencia Enerxética e Enerxía Solar Térmica e coordinado polos profesores Victor Paz e Alberto Pereira. O premio consiste en material valorado en 15.000 euros que servirá para aplicar no centro a solución técnica proposta no proxecto, ademais dun libro electrónico para cada alumno.

Prema aquí para ver o artigo de Schneider Electric sobre o proxecto premiado.