Skip to Content

Departamento de Orientación

DIVERSIDADE

IGUALDADE

Qué é a orientación?

Que é unha orientadora?

Unha mestra licenciada en pedagoxía, psicoloxía ou psicopedagoxía, encargada de contribuir co seu asesoramento a mellorar a calidade de atención de toda a comunidade educativa. Exercendo a xefatura do Departamento de Orientación, do que asi mesmo forman parte as mestras de Pedagoxía Terapéutica e de Audición e Linguaxe.

Cales son as súas funcións?

1. Identificar necesidades educativas no centro, aula e alumnado en particular.

2. Asesoramento ao profesorado. Aportando información técnica-educativa cara á toma de decisións do equipo directivo e do profesorado. Na elaboración do Plan de Atención á Diversidade, no Plan de Acción Titorial, no Plan de Convivencia do Centro , nas programacións didácticas, no Proxecto Educativo e noutros programas como os de educación emocional ou habilidades sociais.

3. Asesoramento ás familias.

4. Coordinación con outros servizos externos, pediatras, USMJ, neurólgos, Servizos Sociais, outros centros educativos…,así como representar ao centro de primaria no Departamento de Orientación do centro de secundaria ao cal estea adscrito.

5. Formación continua propia e do resto do profesorado.

VISITA A RIOMAIOR DO CRA DE VILABOA

Distribuir contido


by Dr. Radut