Benvidos/as á Aula de Educación Musical

 

A Educación Artística supón educar pola arte.

Os maios ♪♩♫

Os nenos e as flores son os protagonistas desta festa. Eles son os encargados de compoñer as cantigas ou rimas. As letras poden ser en tono de broma ou chiste, e sobre todo falan das cousas que pasaron durante ese ano.

ABRAHAM CUPEIRO-constrúe unha frauta cunha cana de plástico

ABRAHAM CUPEIRO: Trompetista de formación clásica, tamén forma parte de grupos de folk, jazz, música antiga.

Construtor e multiinstrumentista, recupera e constrúe diversos instrumentos, e interpreta con eles. 

Podedes pasar pola súa web, ou polo seu Facebook, sempre con videos impresionantes. 

Aquí unha mostra: como construirse unha frauta con canas.

A tocar!!!!!

#RosalíaTe

Este curso 21/22, o Día de Rosalía de Castro (23 de febreiro, data do seu nacemento)  coincide na semana de Entroido, coas ordes do "Meco".

De modo que, neste curso no que o lema do cole é "Arte", imos converternos en Rosalía creando máscaras coa súa imaxe e un pequeño cartel cun verso.

Escoitando a Rosalía de Castro

♫ ♪ ♫ ♪♩♫ Na aula de Educación Musical conmemoraremos esta data, 23/02 Día de Rosalía de Castro, traballando textos de Rosalía musicados por Uxía e os Quempallou  ♪♩♫.

 Imos estudar como os mesmos poemas e textos poden ser musicados en distintas versións e estilos musicais  ♪♩♫

 Centrámonos no cantar "Adios ríos, adios fontes"

versión clásica de Amancio Prada

 

a partitura de Amancio Prada interpretada por Lucía Pérez

  

-> a versión rap de Aid

 

DENIP 2022 - Botiquín da PAZ

FESTEXAREMOS O DÍA DA PAZ CREANDO UN BOTIQUÍN QUE CURE AS INFECCIÓNS QUE ATACAN Á PAZ.

- Os compis de 6º e 5º van preparar unha manualidade con caixas, para facer un "Botiquín da PAZ" en cada equipo/grupo de clase

  - Os compis de 3º e 4º farán unha manualidade creando medicinas, e

- Os compis de 1º e 2º farán unha manualidade creando tiritas para curarnos dos "bichos" malos  (egoísmo, antipatía, ciumes,...) que queremos expulsar do cole para convivir en PAZ.

CANCIÓN DO BOTIQUÍN DA PAZ 

https://www.youtube.com/watch?v=81CjGMjSfSE

 

Libro Cd - recomendacións de Nadal

Na "Guía de Lecturas" coas recomendacións da biblio para este Nadal, Peiti e Eiros incluíron este libro Cd de Víctor Castro Martínez.

Neste enlace podedes desfrutar dunha mostra da maquetación ilustrada con anacos do conto, dos poemas, das animacións con karaoke e da música do proxecto:

"Un día con papá".

-Textos de Fina Casalderrey, música de Víctor Castro e ilustracións de Paula Andrade.

-Edicións Embora.

Pasade un Bo Nadal, cun libro na man!!!!

♪♩♫ MÚSICA #na CASA ♫ ♩

 

Coidádevos moito, seguide as indicacións que cheguen das Administracións e quedade tranquilos na casa.

 

->Para traballar as vosas destrezas rítmicas, bailade unha das vosas cancións favoritas unha vez ao día. 

->Para mellorar as vosas habilidades entoando, cantade unha canción que vos guste ao día. 
->Con respecto ás vosas capacidades auditivas, escoitade moita música. 
->Tocade moito a frauta e o voso instrumento da banda, xa que tocar engloba lectura, audición e entoación.  

Todos diferentes, todos iguais

Reflexionando sobre a inclusión estamos a traballar con esta preciosa SceneMob da asociación ECOM, rodada por 300 persoas traballando pola igualdade.

 

Percibir a diversidade como un desafío e unha oportunidade para enriquecer o entorno de aprendizaxe e xerar actitudes de normalización, visibilización e trato igualitario en relación coa diversidade.