EMOcorreo

Desde o  Equipo de Dinamización da Lingua Galega propuxemos unha actividade para todas as clases chamada "EMOcorreo". Os dous obxectivos fundamentais son:

  • por unha banda, fomentar o uso do galego a través de mensaxes que o alumnado envía libremente a compañeiros/as da mesma ou doutras clases, ou a padriños e madriñas que teñen asignados/as (para garantir que todo o mundo teña unha mensaxe)
  • e por outra banda a expresión das súas emocións a través de ditas mensaxes, dada a gran importancia que cobran os sentimentos no momento actual que estamos a vivir.

Todas as caixas de correos pasan unha corentena antes de ser repartidas.


 

Inicio de sesión