Skip to Content

Dinamización Lingüística

 CONTOS CON PEDRO BRANDARIZ

Co gallo do Día das Letras Galegas dedicado este ano 2018 á escritora María Victoria Moreno, o cómico Pedro Brandariz, de man da compañía DINAMOteatro, acudiu ao noso centro para agasallarnos coa súa posta en escena dalgúns contos da escritora como Cataventos, A festa no faiado.

 

Os nenos e nenas gozaron moito desta actuación.

 


 

VIDA E OBRA DE CARLOS CASARES

Co gallo do día das letras galegas, Hakan Casares, o fillo do escritor Carlos Casares homenaxeado este ano, visitou o noso colexio para achegarnos un pouco máis á vida e obra do seu pai.

Os nenos e nenas estiveron moi atentos e coñeceron de preto un sinfín de anécdotas e curiosidades do escritor.

 
 
  
 
 
 
 

LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María Fernández Teixeiro naceu en Outeiro de Rei (Lugo) o 6 de outubro de 1929.

No 1942 trasládase a Lugo para cursar o bacharelato e alí comeza a súa carreira literaria participando, con 20 anos, no ciclo de conferencias "Jóvenes valores lucenses".

Esta primeira conferencia serviulle para entrar en contacto cos integrantes do faladoiro do café Méndez Núñez (Pimentel, Fole, Rof Codina...) e empaparse da realidade galega, tanto do interior como do exilio.

Nesta etapa da súa vida publica o seu primeiro poemario Muiñeiro de brétemas (1950), co que se inaugura a denominada "Escola da Tebra". No1958 instálase en Monforte como Procurador dos Tribunais e ao ano seguinte casa con Saleta Goi.

Durante os anos sesenta e setenta participou na organización dos partidos políticos nacionalistas na clandestinidade e chegou a ser elixido concelleiro. No 1985 abandonou a militancia política para dedicarse á actividade literaria e cultural e, desde a súa xubilación, residiu en A Coruña onde faleceu o 8 de Setembro de 2004 aos 75 anos.

Consideráselle unha referencia no panorama literario galego.

Estas son as portadas dalgunhas das obras máis representativas do autor debuxadas polos nenos e nenas de 6º A

Fai clic no debuxo

EVENTOS LETRAS GALEGAS 

Co gallo da celebración do día das Letras Galegas, o noso cole contou coa presenza da actriz e contacontos Raquel Queizás que nos fixo pasar un rato moi agradable contándonos as súas divertidas historias, nesta ocasión, escritas por Castelao.

 
  O director do centro preparou un baile para o día das Letras Galegas este ano dedicado ao escritor Manuel María.

Pasámolo moi ben! 




LETRAS GALEGAS 2015

PREMIAMOS AOS QUE FALAN 

MOITO EN GALEGO!!!

Como en cursos anteriores neste mes de maio, profesores e alumnos/as de 6º nivel, saímos ao recreo con moitas ganas de premiar cos "Galepuntos" aos nenos e nenas que se distinguen por falar de xeito habitual galego ou por esforzarse en facelo. Deste xeito cremos que o noso alumnado conciénciase mellor da gran valoración que se fai no noso colexio a falar nesta lingua.

        Podedes ver algunhas fotos dun día de "reconto de galepuntos" nos que elixen agasallos segundo a maior ou menor cantidade de "galepuntos" que conseguiron.

 

 

 

 

 

 


   

GÚSTAME  GÚSTAME…

que o noso colexio participara nesta campaña do fomento da lingua galega.

Os nenos e nenas e o profesorado, quixo apoiar deste xeito tan orixinal, o uso do galego nos diversos ámbitos e situacións.

Parabéns á Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua por esta marabillosa idea.

Fai clic na imaxe para ver as fotografías do evento.

Se queredes ver máis fotografías, ide á sección

 GALERÍAS


 

 

 

Co gallo da celebración deste día, o alumnado de 1º de primaria, realizou esta fermosa homenaxe á nosa terra e ao noso idioma, que queremos compartir con vós. Agardamos que vos guste. 



 
More PowerPoint presentations from eiros


LETRAS GALEGAS 2012 NA COORDINADORA DOS EQUIPOS DE DINAMIZACIÓN DO VAL MIÑOR

O colexio participou no II concurso de cartel e lema organizado pola coordinadora de EDL dos colexios dos concellos de Baiona, Nigrán e Gondomar. O día 25 de maio, ás 8 da tarde, organizouse un festival para entregar os premios aos gañadores. No colexio Neira Vilas resultaron gañadores: Clara Rey Barona de 4º nivel co cartel:Non te cortes, fala galego! e Sara Chamadoira Jordán de 1º nivel co cartel: Meu pai e meu avó ensínanme galego.

Aqui tedes dúas fotos do festival

 

Os nenos e nenas de 4º nivel tamén participaron na II xornada de xogos populares que se organizou na Coordinadora de EDL do Val Miñor. Esta xornada tamén tivo lugar o día 25, pola mañá, no Campo das Cercas de Gondomar. A mestura do alumnado dos tres concellos para participar en moitos e variados xogos, resultou altamente motivadora e gratificante.

Gozade cunha pequena mostra:

 


 

 

50 ANOS CON NEIRA VILAS

No ano 2011 cumpríronse os 50 anos da publicación do libro do noso padriño "Xosé Neira Vilas" "MEMORIAS DUN NENO LABREGO"

Con ese motivo o EDL tamen fixo unha exposición dasmoitas portadas e ilustracións que durante tantos anos se fixeron deste libro tan importante para as letras galegas.

 


SONCHE COUSAS DE MICHIÑO

Neste libro, recompilatorio de adiviñas, refráns, cantigas...participou todo o alumnado do colexio, achegando materiais de diferentes fontes: da súa casa, internet, libros, etc. Tamén participaron nos debuxos que o ilustran.

Agardamos que vos guste!

PARA VISUALIZAR O LIBRO PREME AQUI

 



page | by Dr. Radut