ORIENTACIÓN

 

ORIENTACIÓNS  PARA ESCOLLER OS MELLORES XOGUETES: 

 ¬ Un bo xoguete ten que permitir o xogo e desenvolver a imaxinación.

¬ Os xoguetes deben ser variados porque cada xogo estimula funcións diferentes.

¬ Comprobade que o xoguete está recomendado para a idade dos nenos e das nenas aos quevaidestinado, que lle axudará a  manifestar a súa personalidade e que lle permitirá relacionarse.

¬ O xoguete máis sofisticado non sempre é o que máis gustará; a  miúdo os máis  sinxelos acostuman a ser os máis divertidos.

¬ Non vos deixedes embobar  pola publicidade probade os xoguetes antes de adquirirlos  e lembrade que o xoguete máis costoso non é sempre o  mellor.

¬ Lede ben as etiquetas, as regras e as instruccións  e seguide as  recomendacións de seguridade.

¬ Os xoguetes son para nenos e nenas por igual: evitade as distincións sexistas ó repartir os xoguetes.

¬ Rechazade tamén os xoguetes  bélicos, que disparen obxectos  pequenos ó aire ou que fagan ruidos estridentes.

¬ Non lle traigades demasiados xoguetes a un só neno ou nena  porque un exceso destrúe a fantasía e produce aburrimento.

¬ Os videoxogos non son xoguetes, son produtos de ocio interactivo;   se os regalades estudiade con atención os contidos e a  clasificación  por idades.

¬ E lembrade… un LIBRO  é sempre o mellor agasallo.  

Como non vos quero entreter máis, despídome xa con bicos e aloumiños   e  pedindo, de corazón, para todos e para todas un ano cheo de maxia e de ilusión.                                                            

A Fada Madriña

Inicio de sesión