LETRAS GALEGAS 2022

O 13 de maio de 2022 celebrouse no colexio unha gran festa de cultura, folclore e literatura galega. Literatura galega coa exposición ao autor Florencio Delgado Gurriarán  ao que se lle adicou as Letras Galegas 2022, grazas a esta exposición  e ao traballo de clases coñecimos a súa biografía e obras.


Exposición de lapbooks, libros cheos de información de cada autor e autora que levan o nome de cada clase do colexio. Rosalía de Castro, Fina Casalderrrey, Carlos Casares…


A cultura e o folclore galego visitounos con Ártur Puga  e Xurxo Terrible.
Ártur Puga docente de xornadas de música e danza por colexios e institutos do país, músico, coreógrafo e bailarín da compañía de Danza de Fran Sieira, na Xira Midas ou no Benidorm Fest coas Tanxugueiras.

Xurxo Terrible é multinstrumentista da Cultura Musical Galega dende os 6 anos, profesor de música e canto tradicional, membro de grupos como Os Terribles de Donas, Airiños novos de Pinzás, Ecos e Agarimos de Peitieiros, … Colaborador no proxecto “Ponte nas Ondas” e proxectos propios como TradiSón e Xurxo Terrible.
Para rematar a celebración tivemos a actuación do alumnado do primeiro ciclo eo o seu poema “Aí ven o maio “de Florencio Delgado Gurriarán.




 

 

Inicio de sesión