Día de Rosalía de Castro

23 de febreiro Día de Rosalía de Castro

A Fundación Rosalía de Castro ven de convocar a diversas entidades culturais e educativas relacionadas co Día de Rosalía de Castro, para acordar que as celebracións deste aniversario pasen a ter lugar este curso 2022, o día 23 de febreiro e non o 24 como acontecía ata agora. Isto cambia polo descubrimento, por parte da investigadora Sagrario Abelleira, que corrixiu a data de nacemento da autora.

O CEP Xosé Neira Vilas está a argallar unha gran exposición e actividades para celebrar esta data.

Podes acceder a diferentes actividades premendo nos seguintes enlaces.


 

Inicio de sesión