Skip to Content

ACTIVIDADES DE NADAL

Informávosvos sobre as actividades de fin de trimestre. Seguiremos o Protocolo COVID, polo que NON PODEN ASISTIR AS FAMILIAS.

 

CAMPIONATO DE CAMPO A TRAVÉS:

O venres 17 partir das 12:15 h celebraremos o tradicional campionato escolar de Campo a Través no colexio. 

 

ACTIVIDADES DE NADAL:

O luns 20 haberá un concerto de Cé Orquestra Pantasma no patio. 

O martes 21 a partir das 11:30h, ofrecerase ao alumnado unha chocolatada e rosca. Cada neno/a deberá traer da casa un vaso de plástico ou calquera recipiente identificado para tomar o chocolate. Isto é posible grazas a ANPA e ao Colexio. 

 

ENTREGA DE NOTAS:

O martes 21, as titoras entregarán as notas da primeira avaliación aos alumnos/as. Tamén as poderedes ver nesta aplicación.

 

VACACIÓNS DE NADAL:

Serán dende o mércores 22 de decembro ata o domingo 9 de xaneiro, ambos inclusive.

 

Aproveitamos a ocasión para desexarlles unhas boas festas, traballo, saúde e educación para todos/as.



page | by Dr. Radut