Skip to Content

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Aquí tedes información sobre as actividades extraescolares para este curso 2023/24, tamén como ficheiro adxunto.

 

MENÚ COMEDOR MES DE SETEMBRO

Aquí tedes o menú do comedor no mes de setembro, tamén como documento adxunto:

LISTAXE MATERIAL ESCOLAR CURSO 2023/2024

ADXUNTAMOS AS LISTAXES DE MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2023/2024.

Aquí tedes todas as listaxes de material. O alumnado pode ir traendo o material pouco a pouco na primeira semana de curso.

 

DOCUMENTACIÓN COMEDOR ESOLAR CURSO 23/24

OS SERVIZOS DE AULA MATINAL, COMEDOR E AULA TARDÍA COMEZAN O LUNS 11 DE SETEMBRO.

Para usar ditos servizos deberedes estar inscritos. 

 

Os formularios xa os recibistes na aplicación ABALAR.

 

Adxuntamos a documentación necesaria para facer uso do servizo de comedor escolar xestionado pola ANPA:

- Inscrición no comedor

- Autorizacións de recollida

- Autorización administración de medicamentos

Preferiblemente pedimos que as enviedes cubertas ao correo electrónico da ANPA: ceipcaldelasanpa@gmail.com  Como moi tarde o xoves ata as 19h. Agradecemos que as enviedes o antes posible.

Se alguén non pode enviala ao correo, pode entregala no cole esta semana en horario de 9 a 2. O martes pola tarde de 16 a 18

MENÚ ESPECIAL FIN DE CURSO

O MARTES 20 DE XUÑO HABERÁ MENÚ ESPECIAL NO COMEDOR!

IMPRESO DE MATRÍCULA 2023/2024

 

Recordamos que do 20 ao 30 de xuño é o prazo para a matrícula no CEIP PLURILINGÜE DE CALDELAS para o curso 2023/2024. No impreso xa aparece toda a documentación a entregar. Recordamos que a matrícula é só para o alumnado de novo ingreso no cole.

Podedes descargar o impreso na ligazón adxunta.

MENÚ DO MES DE XUÑO

Aquí tedes o menú do mes de xuño, tamén como documento adxunto. 

 

AXUDAS LIBROS DE TEXTO, FONDO SOLIDARIO E MATERIAL ESCOLAR 23/24

 No DOG do 19 de maio de 2023 saen publicadas as axudas para adquirir libros de texto (1º, 2º de Primaria), fondo solidario de libros de texto (3º, 4º de Primaria), e axudas para material escolar (todos os cursos de Primaria) para o curso 2023/2024.

 O alumnado que pasa para 5º, 6º de Primaria terá libros dixitais (E-DIXGAL), polo que só pode pedir as axudas para mercar material escolar.

 Aclarar que estas axudas se adxudican segundo a renda familiar (declaración da renda de 2021).

Enviamos polos vosos fillos/as folla resumo elaborada polo colexio.

O prazo máximo para a presentación de solicitudes remata o 21 de xuño de 2023 (inclusive).

 

ALUMNADO 6º PRIMARIA QUE PASA PARA 1ºESO

As familias do alumnado de 6º de primaria que pasa para 1º ESO poden participar no FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO.

Para elo deben presentar no Instituto a seguinte documentación:

-- Anexos I e II. Enviámolos polos vosos fillos/as. Tamén podedes descargalos en www.edu.xunta.gal/fondolibros.

-- Fotocopia do libro de familia onde figuren todos os membros da familia.

-- Sentenza de separación ou divorcio, se é o caso.

Toda esta documentación podedes entregala no Instituto ou a través da sede electrónica da Xunta: https://sede.xunta.gal ,formulario normalizado ED330B-anexos I e II.

O prazo máximo para a presentación de solicitudes remata o 21 de xuño de 2023 (inclusive).

MENÚ DO MES DE MAIO

Aquí tedes o menú do mes de maio, tamén como documento adxunto. 

LISTA PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO

Informamos que hoxe 25 de abril de 2023 publicamos no taboleiro de centro a lista provisional de alumnado que presentou solicitude de admisión no CEIP PLURILINGÜE DE CALDELAS para o curso 2023/2024. Todo o alumnado FOI ADMITIDO.

O vindeiro 15 de maio publicarase a lista definitiva.

Todo este alumnado admitido debe formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño.

Distribuir contido


by Dr. Radut