Skip to Content

CEIP Virxe da Barca - Rúa Enfesto, 13, 15124 Muxía  (A Coruña) - 881880794

Escolares

Festa de final de curso e despedida de Jesús, o noso prezado conserxe.

Álbum: Curso 2022/2023 -> Fin de curso - Despedida de Jesús

Terceiros clasificados nos premios educativos INNOVAGAL.

No día de onte, a Consellería de educación otorgou á nosa escola o 3º premio INNOVAGAL por considerarnos un dos centros do ámbito galego comprometidos coa innovación educativa.

 Cun clic sobre a imaxe accédese a ligazón da resolución

O Samaín en Primaria

Álbum: Curso 2022/2023 -> Samaín primaria

O Samaín na clase de 4 anos

Álbum: Curso 2022/2023 -> Samaín 4 anos

Preparativos e traballos para a festa de fin de curso.

A clase de primaria quixo organizar a festa de fin de curso, así que aproveitamos para traballar algunhas cousiñas.

  1. Para realizar o texto das invitacións, organizados en equipos fixeron unha análise dos distintos tipos de invitacións, das tipografías, das ilustracións e das partes.
  2. Despois elaboraron o borrador do texto tendo en conta que daban todos os datos necesarios. A continuación fixeron o deseño e posteriormete pasárono a limpo.
  3. Chegou á hora de elexir cal era a invitación que se iba a imprimir para mandar ás familias, así que os pequenos e pequenas de infantil (que non sabían quen fixera cada invitación) votaron.
  4. Realizaron a lista da compra para ir ao súper mercar. A partir dunha lista onde cada clase incluiu o que querían para festa elaboraron a definitva. Ademais fixeron a estimación de cantas persoas virian á festa e cales eran as cantidades que necesitaban de cada producto (algún quedou algo curto, pero con tempo suficiente para comprar máis).
  5. Tamén estivemos traballando cos cartos e cando estiveron preparados baixaron a facer a compra, coma sempre eles elixen a ruta que imos seguir. Cada un tiña unha tarefa asignada no supermercado. Tras a volta a escola, os encargados fixeron a comprobación de que lle deran ben a volta

Xa está todo preprarado para volver a recibir as familas despois de tantas restricións!

Álbum: Curso 2021-2022 -> Traballo para festa final

Entroido 2022: 4 e 5 anos.

Un resumo en fotos do día de disfraz libre.

Fin de curso 2º de Educación Primaria

Os alumnos e alumnas de 2º de Educación Primaria fixemos este reto do maniquí para despedir o curso!! Esperamos que vos guste tanto como a nós facelo!
 
 

Vídeo despedida do alumnado de 3 e 4 anos.

Os nenos e nenas de 3 e 4 anos dan a benvida ao verán bailando este gran éxito!

Fin de curso 1º de Educación Primaria

Os rapaces e rapazas de 1º de Educación Primaria despiden o curso con moitas ganas de desfrutar do verán ao grande!!

Hoxe merendamos na praia!

Distribuir contido


by Dr. Radut