A clase de primaria quixo organizar a festa de fin de curso, así que aproveitamos para traballar algunhas cousiñas.
- Para realizar o texto das invitacións, organizados en equipos fixeron unha análise dos distintos tipos de invitacións, das tipografías, das ilustracións e das partes.
- Despois elaboraron o borrador do texto tendo en conta que daban todos os datos necesarios. A continuación fixeron o deseño e posteriormete pasárono a limpo.
- Chegou á hora de elexir cal era a invitación que se iba a imprimir para mandar ás familias, así que os pequenos e pequenas de infantil (que non sabían quen fixera cada invitación) votaron.
- Realizaron a lista da compra para ir ao súper mercar. A partir dunha lista onde cada clase incluiu o que querían para festa elaboraron a definitva. Ademais fixeron a estimación de cantas persoas virian á festa e cales eran as cantidades que necesitaban de cada producto (algún quedou algo curto, pero con tempo suficiente para comprar máis).
- Tamén estivemos traballando cos cartos e cando estiveron preparados baixaron a facer a compra, coma sempre eles elixen a ruta que imos seguir. Cada un tiña unha tarefa asignada no supermercado. Tras a volta a escola, os encargados fixeron a comprobación de que lle deran ben a volta
Xa está todo preprarado para volver a recibir as familas despois de tantas restricións!
Álbum: Curso 2021-2022 -> Traballo para festa final