Skip to Content

Plan de ensino virtual ante o Covid-19

Aquí podedes consultar o Plan de ensino virtual ante o Covid-19. Tamén está publicado na Aula virtual, No apartado Plans Covid, onde entratdes como convidados e xa tedes acceso aos diferentes Plans.

 

INICIATIVA ARCO

Informamos de que o noso centro está incluido na iniciativa ARCO, xa que este ano non hai PROGRAMA REFORZA-T, este curso a Consellería de Educación acaba de adxudicar o PROGRAMA ARCO que consiste nun reforzo ao alumnado dos cursos de 4º, 5º e 6º que vai a impartir unha nova mestra de PT coa que contaremois ata o final deste curso. Reforzando deste xeito os contidos a nivel emocional, intelectual e social que se puideron ver afectados debido ao confinamento durante o curso pasado.

SOLICITUDES PARA MÁSCARAS

SOLICITUDES PARA A DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

 

Informamos que saíu publicada a Orde do 6 de novembro de 2020 (DOG do 13 de novembro de 2020) pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en EP, ESO e EE en centros docentes públicos e en centros privados concertados no curso 2020-21.

 

NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE

 

· Será beneficiario directo das máscaras o alumnado que recibiu o vale de 50 € para a adquisición de material escolar no presente curso.

 

·  Polo tanto agora xa non teñen que presentar ningunha solicitude.

 

PODERÁ PRESENTAR SOLICITUDE

 

· Poderá entregar solicitude para as máscaras o alumnado que no seu momento non solicitou a axuda para material escolar e que a renda per cápita (segundo o exercicio fiscal do ano 2018) sexa igual ou inferior a 6.000€.

 

· Terán que cubrir o impreso que lle facilitaremos no colexio aos que nolo soliciten.

 

· Presentarase unha única solicitude para todos os fillos que estean no mesmo centro para o curso 2020/21.

 

·As solicitudes serán asinadas polo pai, nai e resto dos membros da unidade familiar computables para os efectos de renda, excepto nos casos de separación ou divorcio, nos que asinará o proxenitor que teña a custodia do menor. Nos casos de custodia compartida asinarán os dous proxenitores.

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

 

· Presentaranse presencialmente no colexio en horario de 9:00 A 10:00.

 

·A solicitude virá acompañada da Copia do libro de familia no cal figuren todos os membros da unidade familiar.

 

·No caso de non ter libro de familia ou cando a situación familiar, a 31 de decembro de 2018, non coincida coa reflectida no libro, terá que presentarse documentación acreditativa do número de membros da unidade familiar, tales como:

-Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do causante.

-Certificado ou volante de convivencia.

-Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar.

 

· Prazo de presentación: Ata o 27 de novembro de 2020

 

ENTREGA DE MÁSCARAS

 

· Unha vez rematado o proceso de entrega de solicitudes informaráselles do procedemento a seguir polo colexio para a distribución das máscaras.

Novos protocolos COVID publicados

Bos días:

Acabamos de publicar os novos protocolos sobre o COVID.

- Protocolo de adaptación ao contexto Covid-19 (04-11-2020)

- Protocolo ventilación covid

Podedes acceder a eles na pestaña superior (onde pon PLANS COVID). Accededes como convidados e podedes velos sen problemas.

Un saúdo

A directora

 

 

 

O NOSO BLOG DE ACTIVIDADES NO CEIP VICENTE RISCO

Presentámosvos o noso Blog de actividades.

Todo o que vaiamos facendo vai aparecer neste blog.

Está na parte da dereita desta páxina web.

A súa imaxe é

Actividades

Se clicades sobre a imaxe xa vos leva directos ao noso Blog.

Esperamos que vos guste.

 

Distribuir contido


logo

by Dr. Radut