CEIP DE TENORIO

 

VISITA VIRTUAL

 

No CEIP de Tenorio, ademais das instalacións habituais, temos tamén comedor, ximnasio, aceso ao pavillón do concello, situado ao seu carón, un laboratorio, unha aula de música, aula de inglés, aula de pedagoxía terapéutica e espacios comúns para xogos e eventos.

Contamos con tres aulas de Educación Infantil cun espazo común para xogos situado ao seu carón. Tamén temos un recuncho de lectura que os nenos empregan cando chove ou antes de entrar nas aulas.

As aulas dende primeiro ata cuarto de primaria tamén sitúanse na planta baixa, e comparten o seus espazos comúns.

As aulas de quinto e sexto están na primeira planta.Tamén aproveitan o espazo común da entrada para realizar actividades de gran grupo ou que requiran amplitude de espazo.

A maiores, na primeira planta están a aula de pedagoxía terapéutica, despacho do equipo directivo, aula de informática (dotada con 18 ordenadores, proxector e pantalla dixital), espazo da ANPA SANXUVITE, sala de mestres, comedor escolar (de xestión propia), almacéns e aseos.

E na primeira planta, ademais das aulas citadas de 5º e 6º. atópase o gabinete de Orientación, aulas de Audición e Lingüaxe, Inglés, Música, e tamén a de Plástica.

Xunto a elas atópase un espazo común que utilizan os nenos de infantil os días de choiva e está dotada de xogos.

O ximnasio é unha edificación anexa, situada dentro do recinto escolar.

O pavillón é de titularidade municipal, pero pódese utilizar polos nenos do colexio.