Información do funcionamento do centro

 Dende o noso centro educativo desexamos informar a toda a Comunidade, que non se leverán a cabo Xornadas de Portas Abertas para o novo alumnado. O centro mantén unha dinámica concreta ao respecto, e así, continuamos sen facer titorías presenciais (salvo casos moi excepcionais), empregando ferramentas tecnolóxicas ou telefónicas para as mesmas, así como tampouco reunións con persoas alleas ao colexio (contacontos, conferencias, charlas, etc).

Esta medida, tan difícil para nós, está implicando que teñamos que modificar unha convivencia escolar moi diferente á que tíñamos como identidade, facilitadora, en calquera momento, de todo tipo de actuacións en prol dunha mellora constante.

Pregamos comprendan a situación e pensen que nós somos os primeiros interesados en ter un cambio, polo ben do noso alumnado.

O centro está aberto a calquera consulta que desexen facernos, a través do teléfono 886151217 ou 698183235, así como no correo electrónico ceip.tenorio@edu.xunta.es

Tamén sabemos que, aínda que non é o mesmo, a través desta páxina web poderán descubrir gran parte das actividades que se desenvolven no CEIP Plurilingüe de Tenorio, coa participación en varios programas de innovación Educativa: Plan Proxecta (Fotografía en Curso, Cinema en Curso, e Proxecto de vida activa e deportiva), Programa CP Innova (con tres modalidades), Programa CP Inclúe (con catro modalidades), Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, Centro Plurilingüe con 11 seccións bilingües, Club de Ciencia, Robótia en Ed. Primaria, Centro Graduado en Ed. Resposable na Fundación Botín, etc.

Moitas grazas pola súa comprensión, e enviamos un cordial saúdo a toda Comunidade Educativa